Teatro

O VOITRE E A POMBA
Espectáculo que pretende remover o máis íntimo as conciencias amosando a crúa realidade da violencia exercida cara a figura feminina en diversos ámbitos. Poesía, teatro e prosa danse cita para denunciar a violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que están sufrindo esta lacra social.







MULLERES NO ESPELLO
Unha ollada a traves da escrita de varios autores galegos sobre a misteriosa e ao mesmo tempo pristina personalidade da muller: o amor, a vinganza, o erotismo, a paixón…















MIÑA CASIÑA, MEU LAR
Enfocada dende un punto de vista humorístico, amosa a realidade da muller no seu entorno diario, reflicte a crúa situación das mulleres maltratadas, tanto no físico, coma no verbal, sexual, laboral, psíquico… Diferentes situacións, diferentes mulleres e unha soa actriz que dá vida a todas elas. Sempre cun eixo común, a inxusta realidade coa que se atopan, aínda hoxe, as mulleres no seu día a día. Todo esto posto enriba dun escenario para tentar concienciar ao público e promover o debate sobre o tema. 






ANDANDO HISTORIAS
Porque os contos tamén son para persoas adultas, porque o poder das palabras exerce unha máxica resposta nas persoas que as reciben, porque hai autores que debemos coñecer, porque hai relatos que debemos lembrar… Porque non se precisa ningún porqué para estar nunha atmosfera chea de verbas dirixidas ao corazón, iremos andando historias para contarllas a quen queira escoitalas.












TEXTOS PARA A PAZ
Espectáculo en forma de recital e audiovisual, compendio de varios textos que tocan o mundo da guerra, para reflexionar, para concienciar, para que coa palabra e a voz, coa alma e sentimento dos autores e actores, o único que se dispare sexan verbas directamente ao corazón. Espectáculo para nenos e maiores, para pequenos e grandes espazos, para celebrar o Día da Paz e non violencia.













UN PASEO POLO TEATRO

Rendemos homenaxe ao mundo do teatro a través das escenas máis representativas desta arte. Un achegamento ao teatro facéndoo áxil e ameno en todos os eidos, nas escolas, bibliotecas, auditorios… tamén festexamos o Día Mundial do Teatro.








Ningún comentario:

Publicar un comentario