Quen somos

Esta Asociación Cultural sen ánimo de lucro, fomenta o desenvolvemento cultural dende unha perspectiva sustentable e respectando os valores da cultura de Galicia.

Entre os seus fins está o potenciar a lingua galega e a figura feminina, a súa historia e as súas creacións nos seus diversos ámbitos.

Unha parte importante é a promoción das artes escénicas e musicais, así como divulgar a literatura galega, tanto oral como escrita.

Tamén a recuperación da cultura tradicional: lendas, mitoloxía, tradicións, cancións, danzas, así como tamén investigar e recuperar a nosa historia, costumes, xogos, oficios populares...

Nota: As imaxes dos cartaces están rexistradas e suxeitas a dereitos legais, son creación e propiedade desta asociación, polo que o seu uso indebido (copia, apropiación, etc.) non autorizado constitúe un delicto sobre a propiedade intelectual. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario