Recitais

TECÍN SOIA A MIÑA TEA
Homenaxe a Rosalía de Castro neste 2017, no que se celebra o 180 aniversario do seu nacemento, mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra.
FADA GARRIDA DE LEVES ALAS
Neste 2017 lembramos o centenario do pasamento de Eduardo Pondal cun recital poético-musical sobre a figura do bardo autor do himno galego e poeta do Rexurdimento galego, imprescindible no mundo da poesía galega. Un actor, unha actriz e un músico enriba do escenario para recitar e cantar os seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de público.
NO DESMAIO DO TEU BICO
Antoloxía da lírica galega do século XX. Poetas da nosa terra do século pasado teñen cabida neste recital poético que xunta ao máis representativo da fermosa poesía galega. Espectáculo pensado coma homenaxe aos poemas e aos seus autores, no seu día, o día da Poesía.
POESÍA É NOME DE MULLER
Recital poético con textos de mulleres poetas para poñer en valor a figura feminina no mundo da poesía, unha escolma das mellores autoras e os mellores poemas nun espectáculo que rende homenaxe á poesía feita por mulleres.


MONTES IRTOS, VERDES CAMPOS
Recital poético-musical sobre a figura de Curros Enríquez, poeta do Rexurdimento galego de marcado carácter cívico e obra comprometida. Un actor, unha actriz e un músico enriba do escenario para recitar e cantar os seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de público.



ANDAR PRIMEIRO DE RÍO
Recital poético-musical sobre a figura de Álvaro Cunqueiro, trobador e xograr da nova poesía galega e considerado como un clásico universal. Un actor, unha actriz e un músico enriba do escenario para recitar e cantar os seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de público.




REXURDIMENTO
No ano 2017, declarado Ano do Rexurdimento, homenaxeamos ás figuras máis representativas deste movemento cultural, político e literario da segunda metade do século XIX: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Un recital poético-musical no que un actor, unha actriz e un músico recitarán e cantarán os seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de público.
O ENCANTO DA FALA
Concerto-recital en homenaxe ás Irmandades da fala no seu centenario. Serán textos dos autores máis salientables e representativos dun tempo que marcaría un fito histórico para a historia galega. Un actor, unha actriz e un músico enriba do escenario para recitar e cantar os seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de público.









Ningún comentario:

Publicar un comentario