Formación

TALLER DE TEATRO
Orientado a nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria, para que aprendan mediante xogos, a técnica da voz e do corpo. O teatro é moi válido para socialización de nenas e nenos, tamén para a colaboración en grupo, así como para unha correcta lectura e comprensión de textos, tamén para recoñecer e por en práctica as súas cualidades e aptitudes


DRAMATIZACIÓNS NA AULA

Orientado a profesionais do ensino, monitores... Poremos a disposición dos docentes unha serie de recursos e técnicas que sirvan de apoio ao seu traballo co alumnado, optimizando as súas clases e mellorando a relación nas aulas.


LECTURA EXPRESIVA PARA PROFESIONAIS
Orientado a profesionais que queiran mellorar a súa expresividade e darlle cor á súa voz para potenciar os recursos cos que conta. Orientado principalmente a xente do teatro, cine, radio, televisión...


COIDADO E HIXIENE DA VOZ
Para todas aquelas persoas que usan a súa voz como ferramenta de traballo, como as do mundo da docencia, actoral, da locución, do xornalismo, cantantes, do mundo da empresa, da canción, conferenciantes...



FALAR EN PÚBLICO
Técnicas e coidados para enfrontarse coa situación de ter que expoñer ou falar diante doutros. Tamén se tratará como debe afrontar unha persoa a situación dunha entrevista de traballo ou calquera outro tipo de exposición ao que non estamos afeitos.


FORMACIÓN BÁSICA PARA TEATRO
Clases de teatro para adultosl. Un achegamento a esta arte dramática, ofrecendo as pautas e coñecementos básicos para desenvolverse no eido teatral e disfrutar dos coñecementos adquiridos.

INTEGRACIÓN A TRAVÉS DO TEATRO
Mediante este curso ofrécese unha integración de colectivos diversos que pola razón que sexa non estean totalmente integrados na sociedade.




DOBRAXE
Cursos dirixidos a persoas que queiran adentrarse no mundo da dobraxe e que contando cunhas cualidades, queiran mellorar e coñecer a técnica do mundo da dobraxe en todos os seus ámbitos. 




TEATRO RADIOFÓNICO
Como se fai, cales son as técnicas especializadas neste tipo de teatro, recursos externos, manexo dos recursos persoais... todo canto se precise para facer teatro na radio.





TALLER DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO
As persoas destinatarias: preescolar, infancia, mocidade, adultos... cada colectivo disporá de materiais para traballar o tema da igualdade, con soporte audiovisual e participación activa. Preténdese construir unha sociedade baseada na equidade e no respecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario